Salcedo na Rede - Asociación de Veciños
Inicio arrow Asociación de Veciños
Asociación de Veciños
AGOSTO CULTURAL SALCEDO 2010 PDF Imprimir E-Mail
A Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Salcedo informa a todos os socios e a todas as socias do programa de actividades culturais que se vai desenvolver ao longo do mes de agosto en Salcedo:
  • Sábado 31 de xullo ás 21:00 horas: Inauguración do verán cultural e presentación das actividades no Local Multiusos da AAVV de Salcedo. 
    AGOSTO
  • Domingo 1 ás 22:00 horas: representación teatral da obra A Voda, compañía Atrezzo Teatro.
  • Venres 6 ás 22:00 horas: proxección de película no local Multiusos.
  • Xoves 12: obradoiro de técnicas fotográficas do século XIX.
  • Venres 13 ás 22:00 horas: proxección de película no local Multiusos.
  • Domingo 15 ás 22:00 horas: representación teatral da obra Longa vida a Martiño de Güimil, compañía Escoitade.
  • Xoves 19: obradoiro de baile galego.
  • Venres 20 ás 22:00 horas: proxección de película no local Multiusos.
  • Sábado 21 ás 17:00 horas: Festa da Malla na aira do Concello. A partir das 20:00 horas haberá pinchos e actuación do dúo Nebraska no local Multiusos.
  • Domingo 22 ás 17:00 horas: partido de fútbol Madrid-BarÇa. Lugar: O Chao.
  • Luns 23: obradoiro de coiro.
  • Venres 27 ás 22:00 horas: proxección de película no local Multiusos.
  • Sábado 28 ás 14:00 horas: Xantar da Asociación. Despois do xantar haberá música e ás 22:00 horas representación teatral da Asociación Veciñal de Salcedo.
  • Domingo 29 ás 22:00 horas: representación teatral da obra Portus Veneris, compañía Asociación Teatral Carfax.
  • Exposición permanente (escultura, pintura e museo do oso). Lugar: museo etnográfico de Salcedo (antiga casa da escola). Horario: de 11:00 a 13:00 horas.
O horario dos obradoiros é de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. Para inscribirse chamar ao teléfono 679 049058 ou na casa da escola, que estará aberta durante este mes en horario de 11:00 a 13:00. A data límite de inscrición é tres días antes do comezo do obradoiro.
A Xunta Directiva agradece a colaboración de todos e todas nestas actividades.
 
O presidente,
Alberto González Rodríguez

XANTAR DA ASOCIACION PDF Imprimir E-Mail
A Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Salcedo convida a todos os veciños e veciñas o 28 de agosto de 2010 ó día do socio/a. Haberá un xantar ás 2 da tarde no Local Multiusos da Asociación. Para todas aquelas persoas que queiran asistir os prezos son:

Socios: 7 euros
Socios menores de 14 anos: 5 euros
Non socios: 14 euros
Non socios menores de 14 anos: 10 anos
 
As entradas poderanse mercar nas cantinas dende o día 1 ata o 22 de agosto.
O menú será o seguinte:
 
- Entremeses
- Troitas
- Año asado con ensalada
- Postres variados
- Café e licores
Bebidas: Refrescos e viño
 
Agardamos que veñades compartir ese día con todos nós.
 
O presidente,
Alberto González Rodríguez
 
Nota: As entradas de socio só son válidas para os socios. Todo aquel que non o sexa e presente unha entrada de socio deberá pagar a diferencia.

COLABORACIÓNS PARA A REVISTA PDF Imprimir E-Mail
Estamos preparando o próximo número da revista, que esperamos poder presentar na festa dos socios (28 de agosto).
E se queredes que teña unha imaxe, achegádea co texto.
ANIMÁDEVOS!

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA CONXUNTA DA COMUNIDADE DE MONTES E DA ASOCIACIÓN VECIÑAL DE SALCEDO PDF Imprimir E-Mail

A Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Salcedo e Bairán e a Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Salcedo acordaron celebrar o próximo domingo 30 de maio ás 2 da tarde en primeira convocatoria e ás 4 da tarde en segunda convocatoria no local Multiúsos da Asociación, a Asemblea Xeral Ordinaria conxunta para tratar os seguintes puntos da
ORDE DO DÍA
Da Asociación Veciñal:
  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  2. Actualización, ao día da data da celebración da Asemblea, do censo de socios/as.
  3. Exposición, balance e aprobación do estado de contas da Asociación.
  4. Obras realizadas e por realizar na Asociación e subvencións pendentes.
  5. Elección da nova Xunta Directiva. Poderanse presentar candidaturas o comezo da Asemblea.
  6. Rogos e preguntas.

Da Comunidade de Montes:
  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  2. Actualización, ao día da data da celebración da Asemblea, do censo de comuneiros/as.
  3. Exposición, balance e aprobación do estado de contas da Comunidade e da Asociación.
  4. Deslinde coa Comunidade de Montes de Froxán.
  5. Xantar da Comunidade de Montes de Salcedo e Bairán.
  6. Elección da nova Xunta Reitora. Poderanse presentar candidaturas ata media hora antes do inicio da Asemblea.
  7. Rogos e preguntas.

Prégase a máxima asistencia dos/das comuneiros/as e dos/as socios/as debido á importancia desta Asemblea.
 
O presidente da Comunidade,                  O presidente da Asociación,
Felipe Castro López                               Teddy López Pedredo

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA CONXUNTA DA COMUNIDADE DE MONTES E DA ASOCIACIÓN VECIÑAL PDF Imprimir E-Mail
 
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA CONXUNTA DA COMUNIDADE DE MONTES E DA ASOCIACIÓN VECIÑAL DE SALCEDO