Salcedo na Rede - Comunidade de montes
Inicio arrow Comunidade de montes
Comunidade de montes
ASEMBLEA XERAL DA COMUNIDADE DE MONTES PDF Imprimir E-Mail

A Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Salcedo e Bairán acordou celebrar o próximo día 25 de outubro ás 2 da tarde en primeira convocatoria e ás 4 da tarde en segunda convocatoria no Local Multiusos da Asociación, a Asemblea Xeral Ordinaria para tratar os seguintes puntos da
ORDE DO DÍA
 
  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  2. Actualización, ao día da data da celebración da Asemblea, do censo de comuneiros/as.
  3. Exposición, balance e aprobación do estado de contas da Comunidade.
  4. Deslinde coa Comunidade de Montes de Froxán.
  5. Elección da nova Xunta Reitora. Poderanse presentar candidaturas ata media hora antes do inicio da Asemblea.
  6. Rogos e preguntas.
 
Prégase a máxima asistencia dos/das comuneiros/as
 
O Presidente
Felipe Castro López