estou a colgar na miña páxina fotos da comida da Asociación de Veciños de Parada dos Montes, fotos do teatro que se representou o 28 de agosto en Salcedo e tamén da excursión do KM0 que fixeron onte os veciños da Pobra a Ribadeo e na que estiven presente.
http://mtrece.spaces.live.com/
Sería interesante saber cal é o programa de actividades para iste verao. Algo me dixeron que andaba argallando a Asociación Veciñal niste sentido. Poderiades colgar no web o programa. Un saúdo.
Vai logo a cuestión de parabéns. Por unha banda a Juanjo, xa sabemos do seu bo quefacer respecto do deseño, e este non é menos. Grazas, Juanjo. Por outra banda, felicitar tamén á nova directiva da Asociación e da Comunidade de Montes, por poñerse á fronte destes organismos dinamizadores da vida salcedá. De seguro que artellan actividades que han dar pulo a Salcedo. Grazas a todos e todas.
Hola xentiña...que hai de novo por Salcedo? fai xa unhos días que non nos achegamos por ahí e a verdade é que xa se nota en falta...
Un saudiño para todos.
Marisa.