Salcedo na Rede - Salcedo e as súas xentes
Inicio arrow Salcedo e as súas xentes
PDF Imprimir E-Mail
SALCEDO E AS SÚAS XENTES :
 
 

Salcedo é unha aldea de 70 vivendas de xeito rústico e teitos grises con pequenas prazas e carreiras sen simetría. Respecto á súa orixe ou fundación, non temos datos concretos, pero se temos en conta que Salcedo pertenceu aos dominios do Conde de Lemos e nos atemos a que en antigos documentos o describen como "Vila ou Couto", podemos fundamentar a opinión de que aquí edificaron unha vila ou casa de campo os Señores de Monforte e ao seu arrredor se foron agrupando as precarias vivendas dos pobres vasalos que nelas facían a vida, traballando as súas terras ao servizo de ditos nobres.
 

En canto á nosa igrexa parroquial, por referencia da tradición e vestixios que aínda se conservan, sabemos que no seu lugar houbo un pequeno mosteiro da orde militar dos Cabaleiros de Santiago. Ao extinguirse dita orde, o mosteiro, medio ruinoso, pasou a depender directamente do Bispo de Lugo, quen máis tarde, coa axuda dos veciños desta parroquia, procedeu á construción da igrexa. A devandita obra foi rematada no ano de 1766.
 

A campiña de Salcedo, relativamente cha, ben poboada de árbores distintas e diversos cultivos, con outeiros e regatos, esténdese nunha área de 25 Km. cadrados, delimitada polas parroquias de Lamaigrexa, Parada de Montes, Barxa de Lor e Castroncelos.
 

En calquera lado dos nosos campos abundan augas frescas e de exquisito sabor, citando soamente entre outros moitos mananciais, o da Ramila, o do Espiñeiro e o do Caño. Existen outros mananciais de augas ferrosas que demostran que no noso subsolo hai riqueza de incalculábel valor.
Os nosos avós cultivaron a música e o seu folclore nunha verdadeira exhibición de arte. A muiñeira, a xota e a mazurca eran os seus bailes preferidos.
 

Antonio Rivera
 
Artigo aparecido en La Voz de Salcedo, 1972, Salcedo
 
Tradución, Alberte González
 
 
SALCEDO Y SUS GENTES
 

Salcedo es una aldea de 70 viviendas de aspecto rustico y techos grises con pequeñas plazoletas y callejuelas sin simetría.
 

Respecto a su origen o fundación, no tenemos datos concretos, pero si tenemos en cuenta que Salcedo perteneció a los dominios del Conde de Lemos y nos atenemos a que en antiguos documentos los describen como "Villa o Coto", podemos fundamentar la opinión de que aquí habían edificado una villa o casa de campo los Señores de Monforte y a su alrededor se fueron agrupando las precarias viviendas de los pobres vasallos que en ellas hacían su vida trabajando sus tierras al servicio de dichos nobles.
 

En cuanto a nuestra iglesia parroquial, por referencia de la tradición y vestigios que aun se conserva, sabemos que en su lugar hubo un pequeño monasterio de la orden militar de los Caballeros de Santiago. Al extinguirse dicha orden, el monasterio medio ruinoso, paso a depender directamente del Obispo de Lugo, quien más tarde con la ayuda de los vecinos de esta parroquia, procedió a la construcción de iglesia, cuya obra fue terminada el año 1766.
 

La campiña de Salcedo, relativamente llana, bien poblada de árboles distintos y diversos cultivos, con oteros y arroyos, se extiende en un área de 25 Km. cuadrados, delimitada por las parroquias de Lamaiglesia, Parada de Montes, Barja de Lor y Castroncelos.
 

En cualquier lado de nuestros campos abundan aguas frescas y de exquisito sabor, citando solamente entre otros muchos manantiales, la Ramila, el Espiñeiro y la del Caño. Existen otros mantéales de aguas ferrosas que demuestran que en nuestro subsuelo hay riqueza de incalculable valor.
 

Nuestros abuelos cultivaron la música y su folklore en una verdadera exhibición de arte. La muiñeira, la jota y la mazurca eran su bailes preferidos.
 
 
*****************************************************
 
 
SALCEDO E OS SEUS HOMES DE ANTANO
 
 

En tempos xa afastados, Salcedo tivo homes que polo seu talento e a súa boa posición económico-social fixeron carreiras brillantes e outros polo seu elevado grao de cultura desempeñaron cargos na Administración municipal e provincial. Entre os que cursaron carreiras superiores, citaremos, como dato curioso, ao que, co alcume de "Xamoeiro", figura na novela "La Casa de la Troya", de Pérez Lugín que este describe como da Pobra do Brollón e que segundo referencias dignas de todo crédito, era de Salcedo, concretamente da casa dos Pérez, estudante na Facultade de Medicina de Santiago de Compostela.
 

Algunha outra casa aínda conserva o nome que lle deron pola profesión intelectual dalgún dos seus antepasados, por exemplo a de Avogado. Aqueles homes tiveron grande influencia na vida Oficial e fixeron respectar os dereitos sociais de Salcedo conseguindo para a súa aldea importantes melloras e dándolle, no tocante a unha aldea, certo prestixio e preponderancia entre as demais parroquias circundantes. Unha das primeiras escolas creadas polo Estado neste Concello da Pobra do Brollón foi a de Salcedo onde viñeron recibir a súa educación escolar, durante moito tempo, nenos de todas as parroquias limítrofes, e aquí estivo en varias ocasións, a Oficina de Recadación de Contribucións de todo este municipio.
Recoñecemos os méritos daqueles homes e canto fixeron en pro de Salcedo, pero non seriamos xustos se á hora de mencionar aos que gozaron de popularidade pola súa cultura e a súa riqueza, non tivésemos tamén en conta a outros veciños humildes e insignificantes, en canto á súa posición económica, pero grandes e importantes polo seu xeito e o seu talento natural, que polas súas divertidas trasnadas, por anécdotas e polos seus ditos, tamén foron famosos no ámbito local, contribuíndo coas súas brincadeiras a unha convivencia grata entre todos. Como a relación de anécdotas e os seus protagonistas sería moi extensa, citaremos soamente uns poucos de entre os máis humildes e unha anécdota soa das moitas de cada un.
 

Pepe Maioral que só posuía unha pobre casuca e unhas minguadas terras, con unha brincadeira sempre oportuna á flor dos beizos e posuído dunha habelencia extraordinaria; como o asunto financeiro lle ía mal e gustáballe fumar e, de vez en cando, tomar un vaso de viño, a necesidade induciuno a "fabricar" ochavos dun caldeiro vello nos que gravaba uns signos raros. Estas "moedas" foron admitidas varias veces no estanco e na taberna porque tiñan tamaño e peso igual ou moi aproximado aos auténticos ochavos. Pero un bon día cando o noso home ía aprovisionarse de tabaco con moeda da súa colleita, a estanqueira, a señora Mariana, chamouno a contas dicíndolle que aquel ochavo era moi semellante a outros que lle rexeitaran na Administración de Tabacos. E o cliente sen se inmutar contestoulle que aqueles non valerían porque os fixera dun caldeiro vello, pero este era bon e ben bon que os fixera dun anaco de cobre novo.
 

Manuel Col Granados foi outro fillo de Salcedo que se fixo célebre. Nos seus vinte e cinco namorouse dunha moza ao parecer moi fermosa veciña de Vilamor chamada Pepa (alias "Sota"). A conquista para Granados non era empresa fácil, porque a "sota" aínda que era pobre, era egoísta e a presunción de ser bonita levábaa á convición de que merecía un pretendente rico, condición que o noso galán non tiña. Pero Granados queríaa cegamente e coa sa intención de a levar ao matrimonio. Entón coñecendo o punto fraco para conquistala, fixo uso do seu enxeño e convidouna a que en compaña doutro familiar viñese ver a súa facenda. Concertaron o día en que a "sota" viría "inspeccionar" o enxoval e as terras do seu pretendente, e este, mentres tanto, pediu aos seus amigos alfaias e aparellos emprestados que colocou oportunamente na súa casa. E para lle mostrar a súa abundancia de provisións, encheu unha grande arca vella que tiña de palla, tapouna coidadosamente cunha manta deixando soamente baleiro un pequeno espazo que recubriu cos únicos cinco ferrados de gran de centeo que tiña. Pero aínda houbo máis. Asomado por unha pequena xanela que daba vistas a un prado grande doutro veciño rico, díxolle á súa noiva que canto vía era del. Nisto non mentiu nada porque nese momento tiña os ollos pechados. Granados triunfou e o amor da enganada sóuboo comprender e perdoar.
 

Antón López Souto, chamado non sei por que "Español", un pobre diaño de humildísima condición que xamais lera poesía, pero estaba dotado de tal inspiración que acostumaba improvisar romances para dedicar aos noivos a noite de casamentos a cambio dalgúns cigarros.
 

Celestino Arias Ferreiros (alias Mesiño). A este artista débelle Salcedo moito. Desde a súa mocidade mostrara grande afección á gaita galega, chegando a ser o mellor gaiteiro de toda esta bisbarra. Seguindo a súa vocación e durante a súa permanencia no exercito nas campañas de ultramar ás ordes de Calixto García, fíxose músico conseguindo a categoría de primeira. Polo seu comportamento e polos seus dotes musicais puido ter continuado na banda de música do exército cun soldo que lle permitía vivir folgadamente, pero o noso músico impulsado pola morriña da súa terra natal, quixo traer a Salcedo a semente da súa arte e aquí organizou a mellor banda de música de toda esta bisbarra.
 

Pero entre todos os homes de todos os tempos de que hai novas, o máis famoso en Salcedo pola súa inventiva e extraordinaria imaxinación foi Antonio Rodríguez Dacal chamada "Calón". Este home sinxelo, de bon humor e modesta posición económica, en penosa camiñada, cun saco de carbón ao lombo, durante quince quilómetros que separan Salcedo de Monforte, acostumaba contar aos seus compañeiros de infortunio fantásticas historias, e a que lle deu máis celebridade foi o das súas relacións amorosas cunha princesa, durante os sete anos que foi soldado na guerra contra os carlistas. Segundo "Calón" o idilio destas relacións tivo lugar un día que foi entregar un parte ao palacio. Contaba esta inventada historia amorosa con tal abundancia de detalles citando nomes, feitos e datas con tal aparencia de realidade, que moitas persoas con suficiente sensatez para comprender que non tiña sentido que unha princesa se namorase dun soldado, o creron. Homes eruditos que o coñeceron afirmaron que se en vez de ser un pobre traballador puidese cursar estudos universitarios chegaría a ser un verdadeiro xenio da novela e do drama.
 

E por último, José Fernández López máis coñecido por "Gallarufas", que na súa mocidade foi o "as" da muiñeira de todo este contorno. Onde queira que se celebrase unha competición deste xénero alá ía o noso bailador. En certa ocasión nun concurso de bailadores de muiñeira anunciado polo Concello de Quiroga con motivo das súas festas patronais presentáronse os mellores bailadores de toda esta zona, entre eles o noso veciño. O premio consistía en cen pesetas e por maioría de votos concedéronllo a "Gallarufas", pero este, nobre e desinteresado, quixo que participasen tamén nel, os seus tres máis próximos competidores en puntuación, un tal Samuel Quiroga, Vergara da Pendella e Benigno da Castiñeira do Lor.
 

Antonio Rivera
 
Artigo aparecido en La Voz de Salcedo, 1973, Salcedo
 
Tradución, Alberte González
 

SALCEDO Y SUS HOMBRES DE ANTAÑO
 

En tiempos ya lejanos, Salcedo tuvo hombres que por su talento y su buena posición económico-social han hecho carreras brillantes y otros por su elevado grado de cultura desempeñaron cargos en la Administración municipal y provincial. Entre los que cursaron carreras superiores, citaremos, como dato curioso, al que el mote de "Xamoeiro" figura en la novela "la Casa de la Troya" de Pérez Lugin que este describe como de Puebla de Brollón y que según referencias dignas de todo crédito, era de Salcedo, concretamente de la casa de los Pérez, estudiante a la sazón en la Facultad de Medicina de Santiago de Compostela.
 

Alguna otra casa todavía conserva el nombre que le dieran por la profesión intelectual de alguno de sus antepasados, por ejemplo la de Abogado. Aquellos hombres tuvieron gran influencia en la vida Oficial e hicieron respetar los derechos sociales de Salcedo consiguiendo para su pueblo importantes mejoras y dándole, en lo que cabía a una aldea, cierto prestigio y preponderancia, entre las demás parroquias circundantes. Una de las primeras escuelas creadas por el Estado en este Ayuntamiento de Puebla de Brollón fue la de Salcedo a donde han venido a recibir su educación escolar, durante mucho tiempo, niños de todas las parroquias limítrofes, y aquí estuvo en varias ocasiones, la Oficina de recaudación de contribuciones de todo este municipio.
 

Reconocimos los meritos de aquellos hombres y cuanto han hecho en pro de Salcedo, pero no seriamos justos si a la hora de mencionar a los que gozaron de popularidad por su cultura y su riqueza, no tuviéramos también en cuenta a otros convecinos humildes e insignificantes, en cuanto a su posición económica, pero grandes e importantes por su habilidad y su talento natural, que por sus divertidas travesuras, por anécdotas y por sus dichos, también fueron famosos en el ámbito local, contribuyendo con sus bromas a una convivencia grata entre todos. Como la relación de anécdotas y sus protagonistas seria muy extensa, citaremos solamente unos pocos de entre los mas humildes y una anécdota sola de las muchas de cada uno.
 

Pepe Mayoral que solo poseía una pobre casuca y unas menguadas tierras, con una broma siempre oportuna a la flor de labios y poseído de una habilidad extraordinaria; como el asunto financiero le iba mal y le gustaba fumar y de vez en cuando tomar un vaso de vino; la necesidad le indujo a "fabricar" ochavos de un caldero viejo en los que grababa unos signos raros. Estas "monedas" fueron admitidas varias veces en el estanco y en la taberna porque tenían tamaño y peso igual o muy aproximado a los auténticos ochavos. Pero un buen día cuando nuestro hombre iba a aprovisionarse de tabaco con moneda de su cosecha, la estanquera, señora Mariana, lo llamó a cuentas diciéndole que aquel ochavo era muy parecido a otros que le rechazaron en la Administración de Tabacos. Y el cliente sin inmutarse le contesto que aquello s no valdrían por que los había hecho de un caldero viejo, pero este era bueno y bien bueno que lo hizo de un pedazo de cobre nuevo.
 

Manuel Col Granados fue otro hijo de Salcedo que se hizo célebre. En sus veinticinco se enamoro de una moza al parecer muy hermosa vecina de Villamar llamada Pepa (alias "sota"). La conquista para Granados no era empresa fácil, porque la "sota" aunque era pobre económicamente, era egoísta y la presunción de ser bonita la llevaba a la convicción de que merecía un pretendiente rico, condición que nuestro galán no tenia. Pero Granados la quería ciegamente y con la sana intención de llevarla al matrimonio. Entonces conociendo el punto flaco para conquistarla, hizo uso de su ingenio y la invito a que en compañía de otro familiar viniese a ver su hacienda. Concertaron el día en que la "sota" vendría a "inspeccionar" el ajuar y las tierras de su pretendiente, y este, mientras tanto, pidió a sus amigos alhajas y enseres prestados que coloco oportunamente es su casa. Y para mostrarle su abundancia de provisiones, lleno un gran arcon viejo que tenia de paja, la tapo cuidadosamente con una manta dejando solamente vacio un pequeño espacio que recubrió con los únicos cinco ferrados de grano de centeno que tenia. Pero aun hubo más. Asomado por una pequeña ventana que daba vistas sobre un prado grande de otro vecino rico, le dijo a su novia que cuanto veía era de él. En esto no mintió nada porque en ese momento tenia los ojos cerrados. Granados triunfo y el amor de la engañada supo comprender y perdonar.
 

Antón López Souto, llamado no se porque "Español" un pobre diablo de humildísima condición que jamás había leído poesía, pero estaba dotado de tal inspiración que solía improvisar romances para dedicar a los novios la noche de bodas a cambio de algunos cigarrillos.
 

Celestino Arias Ferreiros (alias Mesiño). A este artista le debe Salcedo mucho. Desde su juventud había mostrado gran afición a la gaita gallega llegando a ser el mejor gaiteiro de toda esta comarca.
Siguiendo su vocación y durante su permanencia en el ejercito en las campañas de ultramar a las ordenes de Calixto García, se hizo músico consiguiendo la categoría de primera. Por su comportamiento y por sus dotes musicales pudo haber continuado en la banda de música del ejercito con un sueldo que le permitía vivir holgadamente, pero nuestro músico impulsado por la nostalgia de su tierra natal, quiso traer a Salcedo la semilla de su arte y aquí organizo la mejor banda de música de toda esta comarca.
Pero entre todos los hombres de todos los tiempos de que hay noticias, el más famoso en Salcedo por su inventiva y extraordinaria imaginación fue Antonio Rodríguez Dacal llamado "Calon". Este hombre sencillo, de buen humor y modesta posición económica, en penosa caminata, con un saco de carbón a cuestas, durante quince kilómetros que separan a Salcedo de Monforte, solía contar a sus compañeros de infortunio fantásticas historias y la que le dio mas celebridad fue la de sus relaciones amorosas con una princesa, durante los siete años que fue soldado en la guerra contra los carlistas. Según "Calon" el idilio de estas relaciones tuvo lugar un día que fue a entregar un parte al palacio. Contaba esta inventada historia amorosa con tal abundancia de detalles citando nombres, hechos y fechas con tal apariencia de realidad, que muchas personas con suficiente sensatez para comprender que no tenía sentido que una princesa se enamorara de un soldado, lo creyeron. Hombres eruditos que lo conocieron afirmaron que si en vez de ser un pobre trabajador pudiese cursar estudios universitarios llegaría a ser un verdadero genio de la novela y del drama.
Y por ultimo, José Fernández López mas conocido por "Gallarufas" que en su mocedad fue el "as" de la muiñeira de todo este contorno.
A donde quiera que se celebrase una competición de este género allá iba nuestro bailador. En cierta ocasión en un concurso de bailadores de muiñeira anunciado por el Ayuntamiento de Quiroga con motivo de sus fiestas patronales se presentaron los mejores bailadores de toda esta zona, entre ellos nuestro convecino. El premio consistía en cien pesetas y por mayoría de votos se lo concedieron a "Gallarufas", pero este, noble y desinteresado, quiso que participaran también en él, sus tres mas próximos competidores en puntuación, un tal Samuel Quiroga, Vergara de la Pendella y Benigno de la Castiñeira del Lor.
 

Antonio Rivera
 
 

 
< Anterior   Siguiente >